As LETRAS GALEGAS 2019 no IES Virxe do Mar

Actuación MUSICAL

Este venres celebramos o Día das Letras de forma conxunta co IES Campo San Alberto, rendendo homenaxe a Antón Fraguas e ao mesmo tempo facendo entrega dos Premios do XXV Certame Literario 'Alberto Romasanta' organizado tamén de xeito conxunto por ambos os dous Centros. Intervíu o Coro Infantil 'Has de Cantar', os nenos e nenas leron textos do autor homenaxeado e por último, déronse a coñecer os gañadores nas distintas categorías do XXV Certame Literario.