GAÑADOR do XVIII CERTAME de RELATOS 'Avilés de Taramancos'

XURADO do Certame

Este pasado 10 de maio coñecemos o fallo do xurado do XVIII Certame de Relato de Aventuras 'Antón Avilés de Taramancos'. O acto tivo lugar na Casa de Cultura de Noia, onde o profesor e secretario do xurado Xavier Castro, procedeu á lectura da acta onde se daba a coñecer o gañador desta edición do Certame. Resultou gañador o relato titulado 'DESVELANDO A ADEMAR ESCAMBIA' presentado baixo o pseudónimo de Abisinio Braña, e que corresponde ao autor José Carou Rey.

NORABOA ao gañador.