ALUMNADO de 1ºESO viaxa a MADRID

en MADRID

Dos días 21 ao 26 de abril, un importante grupo de alumnado de 1ºESO pasou uns días no Centro de Intercambio Escolares de Madrid, para coñecer a capital, dentro do programa Climántica. Foron uns días intensos onde percorreron os lugares máis significativos da cidade e participaron nun encontro con outro instituto madrileño, intercambiaron experiencias e coñeceron máis a fondo o proxecto Cllimántica.