EX-ALUMN@S do IES CHARLAN con 2ºBACHARELATO

Momento da CHARLA

Un importante e significativo grupo de ex-alumn@s do noso Centro, que se atopan xa na vida laboral ou na Universidade, en diferentes ramas e especialidades, achegouse esta mañán ata o seu antigo instituto.

Tratábase de compartir as súas experiencias e consellos co alumnado que actualmente está cursando 2ºBacharelato, e que axiña vaise atopar nunha situación semallante á dos nosos convidados.

Estaban representados os ramos da Filoloxía, a Bioquímica e a Química, a Hostalaría, as Enxeñarías, Fisioterapia, Administración de Empresas, Odontoloxía e a Tradución e Interpretación.

Foron 50 minutos moi amenos e produtivos, onde as preguntas e curiosidades foron contínuas.

Grazas a todos eles e elas por asistir ao seu Centro.

Sara Filgueira, profesora de galego con honores.