MUSIQUEANDO 2019 o día 11 de ABRIL diante do IES

MUSIQUEANDO

Enlace da noticia

Musiqueando 2019 é unha convocatoria nacional de concertos escolares na rúa organizada por COAEM, Confederación de Asociacións de Educación Musical.
O nome completo desta convocatoria é: Musiqueando 2019 - #nosimportalamúsica e celebrase simultáneamente en todo o país o 11 de abril. O obxectivo de Musiqueando 2019 á celebrar un día de festa pola Música escolar e compartilo con toda a sociedade. ​Para elo, sacamos a música das aulas á rúa e ofrecemos un pequeno concerto. Somos sobre 350 centros escolares e máis de 40.000 participantes.

O alumnado de Música do IES Virxe do Mar únese ao do IES Campo de San Alberto e tocamos xuntos diante do noso instituto.