Manolo Gómez e os 'GOYA' no Virxe do Mar.

Manolo Gómez

Este mércores 27 de marzo, o alumnado de Imaxe de 2º Bach e Ciclo, tiveron a oportunidade de contar coa presenza do director e produtor de cinema audiovisual Manolo Gómez. Durante a sesión, escoitaron a súa experiencia como creador de animación, as dificultades, as inquedanzas e tamén o recoñecemento ao traballo e o éxito, que chegaron en forma de 2 premios GOYA -'O Bosque Animado' no 2003 e 'O Soño dunha Noite de San Xoán' no 2006- e tamén con varias nominacións aos 'OSCAR' americanos.