'AS RAMONAS' de ANA CABALEIRO no Instituto

Na tarde do martes 26 de marzo, tivemos a sorte de contar coa presenza de Ana Cabaleiro no noso Centro para a presentación da súa novela 'As Ramonas', gañadora do Premio García Barros 2018. No Salón de Actos do instituto e coa presentación de Xavier Castro, a escritora fixo un repaso á súa novela e ao proceso de creación da mesma.

AS RAMONAS de Ana Cabaleiro