BOCATA 'SOLIDARIO' dos RAPACES do IES

Alumnos de diferentes cursos do instituto, asistiron este luns 18 de febreiro a unha xuntanza con outros compañeiros

de distintos Centros da localidade, que tivo lugar no Colexio 'Maria Assumpta' de Noia.

Alí realizaron unha comida conxunta e solidaria para recadar fondos, ao tempo que disfrutaron de xogos, talleres e

momentos de intercambio e diversión.

Foron acompañados polos profesores Eva, MªJesús, Fernando e Antón.