BACHARELATO na E.T.S. de ENXEÑARÍA de MINAS de VIGO

Os alumnos que cursan Tecnoloxía Industrial no Bacharelato do noso instituto, realizaron unha visita á E.T.S. de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. A visita encádrase dentro das xornadas de portas abertas e de aula aberta organizadas pola Escola Técnica para alumnado de Bacharelato.

Durante a mesma, os rapaces e rapazas asistiron a unha demostración activa de manexo simulado de explosivos, demostracións de levantamentos tridimensionais cun láser 3D e diversas actividades manipulativas relacionadas coa tecnoloxía dos materiais.

Foron acompañados polos profesores Emilio Regueira e Macarena Carballeira.