TEATRO en FRANCÉS: 'Prêt-à-Porter'

 O alumnado de Francés de 3º e 4º da ESO, así como os de 1º Bacharelato, asistiron este luns a unha representación da obra en francés 'Prêt-à-porter' no Fórum Metropolitano de A Coruña, interpretada por actores francófonos. O mundo da moda en Paris cobra vida en forma de comedia nesta peza teatral, con texto e diálogos especialmente pensados para os rapaces destes niveis educativos.

'Prêt-á-porter', teatro en FRANCÉS

 

Unha vez rematada a representación, os rapaces tiveron ocasión de conversar cos membros da compañía teatral.