ARTE e FILOSOFÍA de 2º BACHARELATO en Santiago

 

Este pasado día 12 de decembro, un grupo de alumnas de Historia da Arte de 2º Bacharelato, acompañados pola profesora Concha Sabucedo, analizaron de cerca a Catedral de Santiago na visita que, anualmente, organiza o Departamento de Historia. Un xeito de achegar ao alumno á obra de arte. Materia importante do Selectivo, a Catedral serve de exemplo directo das características básicas da Arte Románica. Coñeceron o interior da Catedral e visitaron a Corticela máis o Museo Catedralicio e o Claustro. A visita por Santiago completouse cun percorrido breve polas Facultades de Historia e Filosofía, así como á Igrexa da Universidade. Unha tarde fría pero, productiva.

Asimesmo, o alumnado de Filosofía de 2º Bacharelato, acompañados polos profesores Dolores Rodríguez e Xavier Crespo, asistíu este venres 14 de Decembro, a unha representación da obra 'Sofía e as postsocráticas', no Salón Teatro de Santiago. Esta peza teatral dirixida por Marta Pérez, versa sobre a violencia machista, e a partires de tres personaxes en escena, Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres), analiza o que é ou non é violencia machista, e a nosa responsabilidade como sociedade ante este asunto.