CORO de nen@s 'HAS DE CANTAR'

O coro infantil do IES Virxe do Mar, formado por alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, participou este pasado domingo 25 de novembro nos actos organizados polo Concello de Noia con motivo do día 'Contra a Violencia de Xénero'.

O coro, dirixido por Eva e Fernando, interpretou varias cancións diante da Casa do Concello, relacionadas coa problemática da violencia que sofren as mulleres, ante un atento e entusiasta público, aínda a climatoloxía da tarde non acompañaba moito.

Noraboa a tod@s os compoñentes do Coro e aos profesores encargados.