IES 'Virxe do Mar' contra a VIOLENCIA de XÉNERO

O noso IES celebrou o pasado venres unha xornada contra a violencia de xénero. O alumnado do centro aproveitou ambos recreos da mañán para interpretar diferentes temas musicais que fan alusión ás liberdades das mulleres e contra as violencias que sofren.

A destacar a colaboración dos departamentos de Música, Educación Física, Ciclo de Imaxe e Son, e a implicación de todo o profesorado en xeral.