CLIMÁNTICA RECIBE O PREMIO 'APROEMA'

O Departamento de Ciencias Naturais do IES Virxe do Mar resultou galardonado nos IV Premios Medio Ambiente APROEMA, Asociación profesional de Empresas Medioambientais. O obxectivo destes premios é destacar as accións individuais e/ou colectivas, tanto públicas como privadas, en favor do medio ambiente e impulsar a conciencia ambiental e fomentar as actividades para a mellora do medio ambiente.

O Departamento de Ciencias Naturais do IES Virxe do Mar, dirixido polo profesor Francisco Sóñora, foi o gañador na modalidade de Centros Académicos, en recoñecemento ao traballo desenvolvido no bienio 2016-2018 co proxecto Climántica.

O acto de entrega tivo lugar o 22 de novembro no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo e asistíu ao mesmo, para recoller o premio, o Xefe de Departamento e director do proxecto Climántica D.Francisco Sóñora.