MAGOSTO no INSTITUTO Virxe do Mar

O pasado día luns 12 de novembro pola tarde, celebramos o Magosto no noso instituto. Todo o alumnado da ESO e Bacharelato, tamén o de Ciclo e os profesores, tiveron oportunidade de disfrutar dunhas castañas asadas, acompañadas de música e diversión. No patio do centro estaban organizados diferentes xogos, para que os alumnos probaran naqueles que máis lles apetecera e foran indo e vindo dun a outro. A organización dos xogos estivo a cargo do Departamento de Educación Física e facendo de monitores dos mesmos estaban @s alumn@s de 1º Bach, acompañados polo profesorado. A música correu por conta do Ciclo de Imaxe e Son. Noraboa a todos polos momentos divertidos que pasamos esa tarde.