3 PREMIOS no CONCURSO 'CURTAS D-MEDO' de BARRO

As curtas "Control", "Por Separado" e "O Enterrador" gañan o primeiro, segundo e terceiro premio no certame de Curtas D-Medo organizado polo Concello de Barro (Pontevedra). As curtametraxes tiñan que gravarse co teléfono móvil, cunha duración máxima de 3 minutos, en grupos de 3 participantes e integrar a temática do Samaín. O alumnado de Imaxe e Son de 2º de Bacharalato do IES Virxe do Mar participou cun total de 9 curtas neste certame. A gala e entrega de premios, á que asistiron varios dos alumnos matriculados nesta asignatura, acompañados pola súa profesora Elvira Rodríguez, celebrouse o pasado 31 de outubro no Pazo de Seráns (Barro -Pontevedra).

NORABOA aos gañadores !

1º PREMIO

2º PREMIO

3º PREMIO