XVII CERTAME de RELATO de AVENTURAS 'Antón Avilés de Taramancos'

Este pasado día 6 de Outubro tivo lugar a entrega do premio do XVII Certame de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, convocado pola revista cultural “Casa da Gramática” do IES Virxe do Mar en colaboración co Concello de Noia.

Resultou gañadora a obra Alana do nigranés Francisco Fernández Davila. Unha novela ambientada na época castrexa, na que se fala da busca da identidade galega.

O acto transcorreu no Concello de Noia e asistiron as autoridades locais, familia de Antón Avilés e o xurado do certame, do que forma parte Xavier Castro Rodriguez, profesor do IES Virxe do Mar e codirector da revista Casa da Gramática. Asimesmo, a profesora do Ciclo de Imaxe e Son do IES Antía Figueiras Carballo foi a autora das ilustracións da obra gañadora Alana, así coma tamén autora do diseño do cartel deste Certame literario.