VÍDEO E REPORTAXE SOBRE O CAMPUS CLIMÁNTICA 2018

En www.climantica.org acaba de publicarse esta reseña que contén o vídeo resumo do campus, seguido dunha reportaxe ilustrada e comentada por minutos do vídeo, así como as 4 catro curtametraxes elaborados polos grupos de traballo de proxectos audiovisuais. No titulado Conectados colaborou como cámara a alumna de 4º de ESO Aimara Ventoso. Despois das catro curtametraxes elaboradas no tempo de proxectos, pecha a sección de curtas desta  reportaxe o Informe semanal do campus, elaborado no taller de Edición de vídeo para a difusión do campus nas redes sociais. Na súa produción tiveron un papel destacado Pablo Veiras de 2º de Bacharelato, como un dos principais presentadores, e Luis Otero, tamén de 2º de Bacharelato, como editor. A última parte do vídeo está dedicado ao musical Boys, de cuxo libreto é coautor o profesor Carlos Maquieira. Nela participaron Luis Otero no papel de Akhtar, Pablo Veiras no papel de James, e Zaira González de 2º de Bacharelato, no papel de Lockwood. Na banda do musical tivo unha actuación destacada o alumno de 1º Bacharelato César Fernández, que tocou a frauta traveseira e cantou varias das principais cancións. O éxito da iniciativa de Aveiro motivou que o Consejero de Educación para México, América Central e Caribe se dirixira á nosa Directora mediante esta carta, solicitando a colaboración do Instituto para levar este modelo innovador a un campus iberoamericano a celebrar na Universidade para a Paz das Nacións Unidas situada na cidade de San José Costa Rica, un reto no que tamén comparte Universidade de Santiago de Compostela a través desta nova.