2ºBACH de ARTE visita Sta. MARÍA a NOVA

O alumnado de 2º Bach de Historia da Arte do IES Virxe do Mar visitou o pasado xoves 27 de setembro a igrexa de Santa Maria a Nova, acompañados pola profesora Concha Sabucedo. Esta é unha das actividades habituais, programadas dentro do Departamento de Historia do centro. Trátase dunha primeira toma de contacto co vocabulario artístico, arquitectónico e escultórico así como o achegamento á obra de arte, neste caso local. Exemplos de columnas, arcos, retablos, laudas, aparellos,... nesta xoia arquitectónica da vila.