CLIMÁNTICA: CAMPUS INTERNACIONAL de AVEIRO (PORTUGAL)

Dende o 4 ao 8 de setembro organizamos no centro de investigación, innovación e divulgación científica Fábrica Centro de Ciencia Viva e da Universidade de Aveiro, a doceava edición dos campus de Climántica, que é a sexta edición internacional que organizamos dende que coordinamos a rede escolar de Climántica e a segunda en Fábrica, un centro que nos aportou todas as súas instalación e equipamentos, entre os que destacaron os de luz láser, holografía, proxección 3D e robótica. Os actos plenarios celebrados no auditorio retransmitíronse  por streaming a través do Facebook oficial de Climántica. Os 72 estudantes procedentes da varias autonomías españolas, de varias rexións de Portugal e de México, foron seleccionados entre 470 alumnos que presentaron a súa candidatura mediante a publicación dun produto multimedia para difundir a través dunha web  co obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre o cambio climático. Entre eles resultaron seleccionados os estudantes do noso centro Zaira González, Aimara Ventoso, Luis Otero, Pablo Veiras e César Fernández. Ademáis da dirección e coordinación do campus, o noso instituto estivo representado polos exalumnos Julieta Dix, Aitor Alonso e María Arufe que formaron parte do equipo de monitores; e formando parte dos formadores do seminario docente, polas profesoras Raquel Troitiño e Eva Núñez e polos  profesores Carlos Maquieira e Fernando Vigo.

 www.climantica.org

http://www.educo2cean.org/iesvirxedomarsustainability-international-youth-camp-gallery/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2018/09/08/cuatro-institutos-comarca-regresan-aveiro/0003_201809B8C2992.htm