DE PERCORRIDO POLAS CÍES

De novo, no curso 2017-18 o departamento de CCNN levou ao alumnado de 1º da ESO ao paraíso das Cíes. Unha actividade do Departamento para concluír o ano de docencia. Un achegamento á fauna, flora e paisaxe deste lugar único. Os rapaces e rapazas foron acompañdos por Santiago Rodríguez, Emilio Regueira, Sandrine Sánchez e Estefanía Ageitos o día 15 de xuño. Un día estupendo de convivencia en plena natureza.