ENCONTRO CON DALIBOR SVESTIK

O Departamento de Historia do noso centro organizou o pasado venres, 8 de xuño,un encontro co músico e director do conservatorio de Noia, Dalibor Svestik. Nesta ocasión, o profesor, foi invitado para darnos unha visión da súa Checoslovaquia natal. O alumnado de 4º da ESO está estes días inmerso no estudo da Guerra Fría e a aportación do profesor buscaba ter coñecemento máis próximo e directo do tema. Tras a presentación da profesora Estefanía Ageitos, Dalibor foi contestando ás preguntas do alumnado e falou de aspectos da educación, da vida cotiá na Checoslovaquia dos anos 60, das revoltas contra a imposición rusa e das ventaxas e desventaxas dun sistema que xa se foi esvaecendo en moitas países de Europa. Desde o centro queremos agradecer a colaboración do mestre e Lucía que remataron a actividade cunha fermosa peza musical. Moitas grazas.