XORNADA INTERCAMBIO COLISEO NOELA

Aquí temos unha instantánea da intensa xornada de hoxe no Coliseo Noela nas xornadas de Intercambio con Canarias dentro do proxecto Climántica. O acto contou coa presenza dos señores alcaldes de Noia e Boiro na inauguración tralo que se proxectaron os traballos do alumnado que forma parte do intercambio: Colegio Delacroly de Tenerife, Os Dices de Rois, Poeta Añón de Outes, Xelmirez I de Santiago, Rosalía de Santiago , Praia Barraña de Boiro e o Virxe do Mar. A xornada rematou coa intervención do profesor Angel Carracedo que falou sobre a Xenómica Contemporánea no día Mundial do ADN. Tamén se proxectaron curtametraxes como a do próximo campus de AVEIRO e contouse coa actuación do Coro do IES Virxe do Mar.