XORNADA DE CIENCIA EN VIVO

 

O xoves 12 de marzo, no encadre do programa da Semana Cultural, os estudantes do grupo de traballo de Ciencia escolar de Climántica, desenvolveron as demostracións prácticas recollidas no material didáctica de cambio global que publicamos en EduCO2cean-Erasmus+ e os coñecementos sobre xenoma que acadaron na investigación sobre o ADN dirixida no laboratorio de Bioloxía polo Dr. Carracedo . Estes estudantes dos catro cursos de ESO, coordinados pola profesora de Bioloxía Raquel Troitiño, desenvolveron prácticas para demostrar a estratificación oceéanica, a acidificación dos océanos ou os efectos do desexo. As explicacións a través de  demostracións prácticas repetiranas na escola de secundaria  hispano lusa Giner de los Ríos de Lisboa o venres 18 de maio. A demostración acodiron os alumnos de 2º da ESO e de 3º da ESO acompañados dos seus profesores. Unha actividade coa que pechamos as xornadas da Semana Cultural 2018. Moitas grazas a todos/as pola participación.