VIAXE A PORTUGAL

Aquí temos unha foto do alumado que a pasada fin de semana e dentro das actividades da Semana Cultural se desprazou ata Portugal. A excursión foi organizada polo Departamento de Relixión e os profesores acompañantes foron María Jesús Agrafojo e Antón López. Unha intensa visita que os levou por Braga, Aveiro, Fátima, Bathalla, Coimbra e Viana visitanto mosteiros e santuarios como o do Bo Xesús, o de Fátima, o de Bathalla e o de Santa Lucía e tamén a cidade dos pequeninos. A actividade desenvolveuse desde o sábado 7 de abril ata o luns 9 de abril.