ATLANTIS, A CIENCIA DO MITO

 

O periodista e reporteiro Emilio Varela mantivo unha charla coloquio de 4 horas, o venres 6 de abril,  "Atlantis, a ciencia do mito”. Partiu do mito de Platón para situalo na illa de Sartorini. Dende esa suposión, propuso que Platón podía estar facendo unha analoxía dunha illa onde a xente desapareceu coincidindo con unha gran erupción. Desa forma situou aos alumnos diante dun cambio de escala local ao global para levalos á consideración do risco da desaparición da nosa especie por cambio climático, establecendo a diferencia de que daquela non sabían o que pasaba, e agora si o sabemos e non reaccionamos. No percorrido fixo un amplo estudo histórico, artístico e cultural da zona, que o relator ilustrou con imaxes propias. Tamén estableceu un amplo estudo do vulcanismo e dos riscos asociados. Analizou os riscos vulcanolóxico en en xeral e os das megaerupcións.Na actividade participaron máis de 100 alumnos de 3º, 4º de ESO e de Bacharelato. A participación dos alumnos foi elevada e frecuente. Esta actividade foi coordinada polo Departamento de CCNN e inclúese nas desenvolvidas ao longo da Semana Cultural. Moitas grazas a Emilio Varela pola súa xenerosidade e entusiasmo á hora de facer chegar ao alumnado estes interesantes temas.