EXCURSIÓN Á CIDADE DE LUGO

 

O venres, día 6 de abril, o alumnado de 1º de ESO  fixo unha viaxe ata o castro de Viladonga e a cidade de Lugo, para o coñecemento e posta en valor da cultura castrexa e romana en Galicia e que formou parte da programación da Semana Cultural do centro. A primeira hora da mañá visitaron o Castro de Viladonga. A media mañá chegaron á cidade de Lugo (Lucus Augusti) para coñecer de preto a orixe romanas da cidade e as súas principais manifestacións artísticas. Visitaron o centro de interpretación da muralla, a Domus do Mitreo e a Casa dos Mosaicos, onde puideron contemplar mosaicos, pinturas e diferentes estancias.  Desde a Praza Maior, onde de atopan as esculturas dos fundadores da cidade, percorreron un tramo da muralla polo seu adarve e tiveron ocasión de atravesar diferentes portas de acceso á cidade a relación dalgunhas destas co Camiño de Santiago. Ao mediodía visitaron o IES Lucus Augusti onde, ademais de xantar, coñeceron as súas instalacións, quedando gratamente sorprendidos das súas características e das coleccións que se atopan no seu interior. Un día intenso e ben aproveitado acompañados dos seus profesores Estefanía Ageitos, Antón López, Fernando Martínez e Santiago Robado.