ENCONTRO CON MARÍA REIMÓNDEZ

 

O día 3 de abril, dentro das actividades da Semana Cultural, estivo no Virxe do Mar María Reimóndez. Veu para falar da súa obra co alumnado de 2º da ESO e 2º de Bach. A actividade foi coordinada polo Departamento de Galego do centro. A escritora compartiu impresións e experiencias arredor da súa obra  e dos moitos proxectos cos que traballa. Un pracer a súa visita ao noso centro e ..parabéns aos organizadores e colaboradores.