INVESTIGACIÓN NO TESTAL

 

Este venres a un grupo de 50 estudantes iniciaron unha investigación científica en Testal. Nela participaron parte dos estudantes do equipo de escolares investigadores da alianza para a innovación educativa EduCO2cean-Erasmus+, aprobado e financiado no bienio 2016-2018 pola Unión Europea, e da que somos socios de pleno dereito xunto con universidades de Reino Unido e Galicia e asociacións de profesores de Polonia e Portugal. Os alumnos fixeron un mostreo dos bivalvos comerciais do intermareal de Testal utilizando o método de transecto propio das investigación ecolóxicas.A continuación procesaron os datos na aula de informática coas orientacións do profesor de TIC, Felipe Roget, quen elaborou a ferramenta online colaborativa. Rematou a sesión coa análise e discusión das gráficas obtidas.