OPERACIÓN BOCATA

Aquí temos ao numeroso grupo de alumnos e alumnas que este mediodía participaron na Operación Bocata 2018. Coa compra do seu bocadillo contribúen a paliar as necesidades de colectivos desfavorecidos. Unha iniciativa que se mantén ao longo dos anos e que supón a xuntanza de rapaces e rapazas da contorna para pasar unhas horas de convivencia e xogos, sendo solidarios. Foron acompañados polos profesores María Jesús Agrafojo, Fernando Vigo, Sandrine Sánchez e Antón López.