VISITA DA PROFESORA CAROLA GÓMEZ RODRÍGUEZ

A profesora e investigadora  da Facultade de Bioloxía da USC Carola Gómez-Rodríguez impartiu clases este luns, 19 de febreiro, sobre investigación ecolóxica aos alumnos de 3º ESO A, aos que cursan Bioloxía e Xeoloxía en 4º ESO B e aos que cursan Cultura Científica de 1º de Bacharelato. Licenciada, con premio extraordinario en Ciencias Ambientais e doutora pola Universidade de Salamanca, e desenvolveu a súa actividade investigadora, previa ao seu traballo actual na USC, no Parque Nacional de Doñana e no Natural Hystory Museum de Londres.

No instituto formuloulles preguntas aos alumnos cuxas respostas atopou nas  súas investigacións relativas ás distribucións espacio-temporal das comunidades de anfibios e os sus hábitats en Doñana.Os alumnos tiveron acasión de reflexionar e dar respostas ás preguntas que ela se formulou na súa investigación. Cada unha destas respostas foi valorada pola investigadora, ao tempo que as contrastaba coas que ela atopou na súa investigación. Sobre estas respostas e reflexións analizouse o impacto que está a ter sobre este tipo de escosistemas no humedal de maior biodiversidad en Europa a extracción de auga para a urbanización de Matalascañas, para o cultivo de fresa o para os campos de Golf. A Dra. Gómez Rodríguez súmase como colaboradora no noso instituto, a través do seu grupo de investigación, ao contrato programa que acaba de aprobar a Consellería e ás convocatorias nas que participemos dende o proxecto Climántica. A visita está organizada polo Departamento de CCNN do Virxe do Mar con Francisco Sóñora, Raquel Troitiño e Santiago Robado.