FIRST LEGO LEAGUE

 

Aquí temos ao equipo de alumnos de 2º da ESO do Virxe do Mar acompañados polos profesores de Tecnoloxía Felipe Roget e Emilio Regueira, participantes este pasado sábado no First Lego League en Ferrol. Esto é un concurso de caracter internacional que xestiona a Univesidade da Coruña. En Ferrol celebrouse a fase autonómica na que participaron 16 grupos  de Galicia e Asturias. Pois ben, os alumnos O Virxe do Mar de Noia acadaron o Premio Santander Innovación ao deseño de robot. Parabéns a Nelson Hermo Carnota, Daniel Louro Sanmartin, David Mariño Rey, Antón Regueira Labandeira e Paulo Tajes Fernández e profes polo éxito. Amplía a noticia aquí