ENTROIDO 2018

 

Aquí unha instantánea da celebración do Entroido 2018. Moita participación e animación a pesar de que os plans non foron os programados. O tema deste ano Interculturalidade foi ben acollido e así tiñamos chinos, japoneses, mexicanos, colombianos, árabes, cubanos, hawuaianos, indias de la India, kuwaities e incluso contamos coa presenza da propia raiña Isabel de Inglaterra que se desprazou a propósito ao Virxe do Mar para non perderse o chocalate, as orellas, os pasteis dos alumnos que van a Londres e por suposto, as traballadas coreografias deste ano. Moitas grazas Maxestade!!!.

Polo demais grazas a todos e todas os que colaborastes: Rosa e Mario, Miguel, Xes e Antón co sonido e o alumnado do Ciclo coa música, a Saladina polo chocolate, aos profes pola dedicación e a todos vós polo entusiasmo.Tamén lle agradecemos ao Concello o ternos agasallado con orellas. Boas vacacións.