VIAXE A VIGO

 

O día 6 de febreiro un numeroso grupo de alumnos de 3º da ESO e de 2º de Bach, que cursan estudios de música, desprazáronse a cidade olívica para asistir a exposición do Pergamiño Vindel. Unha oportunidade única que poideron coñecer grazas a organización desta visita por parte dos Departamento de Música e de Galego. Os rapaces foron acompañados polos profesores Pilar Melcón, Ramón Blanco e Erika Pazos. A visita completouse cun percorrido polo Pazo de Castrelos de Vigo.