VISITA A COMPOSTELA

  O 21 de decembro os alumnos Relixión de 1º e 2º de ESO xunto co IES Campo de San Alberto visitaron Cottolengo. Como en anos anteriores fíxose unha recollida de produtos na campaña de solidariedade  do Nadal  para unha institución benéfica. Este ano elixiuse a Cottolengo polo grande labor humanitario que realizan con persoas que padecen enfermidades incurables.O alumnado  animou a visita cantando vilancicos. Remataron esta saída  extraescolar en Santiago cun percorrido cultural  por San Martiño Pinario e San Paio de Antealtares.