DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O pasado 4 de decembro tivemos a oportunidade de ter no centro a representantes da asociación Misela para conmemorar o Día das Persoas con Discapacidade. Na fachada do centro leuse un comunicado, no que se reivindica a necesidade que temos todos e todas de implicarnos nesta integración. Ao acto asistiron alumnos e 1º da ESO cos seus titores entre outros. Contamos coa colaboración de Antón López, Fernando Vigo e Eva Núñez responsables do acompañamento musical. Para o Virxe do Mar foi un pracer telos como invitados e esperamos que  volvan noutras ocasións.