ACTO CONTRA AS VIOLENCIAS

Na xornada do 24 de novembro desenvolvéronse no centro unha serie de actos cos que a comunidade educativa se sumaba á conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero. Durante o primeiro recreo houbo un acto musical protagonizado polo alumnado da ESO e coordinado polo Departamento de Música coa presentación dun video no que alumnos e docentes versionan unha peza musical de Guadi Galego. Hai que agradecer a colaboración de moita xente implicada neste proxecto: alumnos e alumnas tanto da ESO como do Ciclo e profesorado como Luis Alonso, Antía Figueiras e Pilar Melcón.  Na imaxe apararece reflectido o acto do segundo recreo, feito coa colaboración de alumnas de Bach mailo coro infantil do centro, coordinado por Fernando Vigo e Eva Núñez. A presentación estivo a cargo de Tamara Vidal e Anxo Núñez. Grazas a todos. Nós seguiremos sensibilizando.