MAGOSTO 2017

Hoxe pola tarde tivemos a oportunidade de degustar as castañas no Magosto 2017. Tarde de sol e xogos coordinados polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro, con Antón López e María Golán. A finalidade do esforzo  é que pasedes un rato agradable e que compartades espazo e xogos no patio, que como amosa a fotografía estivo bastante concurrido. Agradecer a Tamara Vidal a súa colaboración, aos profes e ao alumnado que estiveron máis atentos no coidado do patio.