ALUMNADO

Aquí temos a foto dos gañadores e gañadoras do concurso. Alumnos de Tecnoloxía de 1º Bach A,B e 2º Bach B.  O día foi intenso, a primeira parte da mañá foi o concurso: cada grupo presentou o seu proxecto, logo unha charla  sobre a oferta de titulacións do campus de Ferrol, e a continuación fíxose a entrega de diplomas e a proclamación do equipo gañador. Na segunda parte da mañá, os alumnos visitaron varias instalacións do campus: o laboratorio de plásticos, o de mecánica, o de robótica e o de láser, un túnel de vento e un canal hidrodinámico (que usan para simular condicións de mar).  Unha xornada completa cun resultado excelente. Parabéns.