VISITA AO EVA

 

O pasado 18 de outubro o Departamento de Tecnoloxía, organizou unha visita a estación E.V.A. 10. invitados polos responsables da mesma. A actividade estivo dirixida ao  alumnado de 4º da ESO do noso centro. Na visita ao E.V.A. 10 coñeceron o funcionamento de varios sistemas de telecomunicacións. Viron o radar, que empregan para detectar avións nun radio de 450 km. Puideron acceder ao interior do radomo (a cúpula que protexe ao radar), porque estaban en parada de mantemento. Tamén  explicaron cómo se procesa a información captada polo radar e se transmite ata as instalacións centrais do Ministerio de Defensa en Torrejón, mediante unha rede de antenas de comunicacións por microondas. Ensinárolle tamén instalacións auxiliares, como a planta de enerxía, que lles permitiría funcionar durante meses sen subministro eléctrico do exterior. Foron acompañados polos profesores Felipe Roget e Fernando Martínez. Agradecer, desde o centro, a atención prestada aos asistentes desde a estación, e aos organizadores.