TOD@S CONTRA O LUME

O pasado luns 16 de outubro o alumnado do Virxe do Mar sumouse ao berro de todos os galegos e galegas CONTRA O LUME e concentráronse en solidariedade con todas as familias afectadas. Convocados por sindicatos estudiantís, realizaron un paro, ás 12 do mediodía, no patio do centro. A comunidade educativa do Virxe do Mar sumámonos tamén ao berro dos rapaces e rapazas.