FIN DE CURSO

Así de animado estivo o noso patio o pasado 23 de xuño, último día de clase. Aquí tendes unha mostra da actividade organizada polo Departamento de Tecnoloxía  a cargo de Emilio Regueira e Felipe Roget. A xa tradicional, vistosa e disputada, carreira de robots. Outros dedicáronse a perfilar ben os seus avións de papel e competir no II Certame de Avións de papel organizado polo Departamento de Plástica con Antonio Sánchez e tamén tiveron a oportunidade de ver unha impresora láser e prototipos robóticos con Felipe Roget. Grazas a todos e todas polo esforzo e entusiasmo e desexámosvos que pasedes unha felices vacacións e veñades con enerxía para afrontar o novo curso