Skip to Content

COMUNICACIÓN PARA O INICIO DO CURSO

 

Estimadas familias e alumnado:

 

Ante as informacións erróneas que se están a espallar e das que temos noticia polas consultas realizadas, informamos de que o curso comezará o vindeiro mércores 15 de setembro para todos os niveis educativos, agás ESA (adultos) que o fará o día 23.

As presentacións da ESO faranse de xeito escalonado na Aula de Usos Múltiples, onde se presentarán as persoas titoras que despois de pasar lista aos seus grupos, acompañarán ao alumnado ás aulas para continuar ata o recreo, logo do cal as sesións sucederanse seguindo o horario establecido que darán a coñecer as persoas titoras. Agardará no patio de entrada ao edificio 2 acompañado por profesorado de garda o alumnado de 1º de ESO e o de 2ª, que entrará nun turno posterior. O alumnado de 3º e 4º da ESO, que agardará no patio de entrada ao edificio 1, por entrar nos derradeiros turnos, non terá o primeiro recreo e as sesións seguirán a orde establecida no horario a partir da 4ª sesión.

En bacharelato e ciclos, as presentacións faranse nas respectivas aulas durante as dúas primeiras horas e despois do recreo as sesións sucederanse seguindo o horario establecido que darán a coñecer as persoas titoras. O ALUMNADO DE BACHARELATO DEBE CONCENTRARSE NO PATIO TRASEIRO DO EDIFICIO 1 A PRIMEIRA HORA PARA SER CHAMADO POLO PROFESORADO TITOR AO INICIO DA XORNADA.

TODO O ALUMNADO DEBERÁ PERMANECER NO CENTRO EN HORARIO DE 08:30 a 14:09. O ALUMNADO DE CICLO MEDIO E SUPERIOR TAMÉN DE 16:15 A 18:00.

TURNOS DE PRESENTACIÓN NA ESO

1º DE ESO: 08:30

2º DE ESO: 09:00

3º DE ESO: 09:30

4º DE ESO: 10:00

 

Segundo comunicaron da Consellería a aplicación Abalar Móbil pode non funcionar correctamente ata o día do inicio do curso.

 



story | by Dr. Radut