Skip to Content

SEGUIMENTO COVID NO IES DE VILALONGA

No día de onte, 5 de novembro, tivemos coñecemento dun positivo en Covid-19 entre o alumnado do IES de Vilalonga. Seguindo os protocolos da Consellería de Sanidade, avisouse aos seus contactos estreitos, aqueles que se ubican nos postos escolares e de transporte escolar máis próximos, e os que manteñen unha relación máis estreita, para que iniciasen o seu confinamento á espera da comunicación co corpo sanitario.

A actividade escolar continuará como ata agora, mantendo as medidas de seguridade e hixiene implementadas desde o principio de curso e que pensamos están a dar tan bo resultado. Chamamos de novo á calma e á responsabilidade da comunidade educativa nestes momentos, e felicitamos ao noso alumnado e as súas familias pola boa resposta que están a dar nesta crise sanitaria e educativa.

Anexamos modelo de Carta da Consellería de Sanidade que facilita para estas situacións.

Unha aperta moi forte e moito ánimo.

 

A dirección / Equipo COVID

AdxuntoTamaño
CARTA CONSELLERÍA DE SANIDADE.pdf143.34 KB


story | by Dr. Radut