Libros de texto e material escolar 2020

Publicada a Orde do 12 de maio de 2020  coa Correcíón de erros pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/2021 (código de procedemento ED330B).

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de xuño (este incluído).

 

O alumnado que repita 4º ESO e aquel que non teña praza en formación profesional básica no curso 2020/2021 e formalice a matrícula no curso de ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario e a solicitude para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala en prazo dun mes desde a formalización da matrícula.

 

Tamén pode tramitarse a través da sede electrónica da xunta no seguinte enlace

Anexos

 

AdxuntoTamaño
Participación no fondo solidario de libros de texto para ESO.pdf224.24 KB