FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2018/2019

No DOG do 21 de maio de 2018 saíron as bases para a participación no fondo solidario de libros de texto para ESO e axudas para adquirir material escolar para todo o alumnado da ESO(Orde do 9 de maio de 2018)

O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño.

O alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básicas no curso 2018/19 e formalice a matrícula no curso de ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

No ficheiro adxunto hai un resumo das bases.

Solicitude

 

AdxuntoTamaño
Participación no fondo solidario de libros de texto para ESO.docx20.95 KB