Esquema de tema

  • Xeral

    logo
    • 1.- Documentación Xeral

    • 2.- Atención ás familias, Asistencia a clase e Ausencia do Alumnado do centro en horas lectivas e Programacións didácticas

      cadro trp

      A asistencia ás clases é obrigatoria e é responsabilidade de cada alumno/a e dos seus pais ou titores legais. Cando unha parte do grupo realice unha actividade complementaria ou extraescolar, aqueles que non participen teñen a mesma obriga de cumprir o seu horario lectivo.

      Faltar a un 20% das clases dunha materia, aínda xustificadamente,implica a perda do dereito á avaliación continua.

      ___________________________

      Saída anticipada do alumnado.

      Durante a súa xornada lectiva, o alumnado de E.S.O. só poderá abandonar o recinto do centro acompañado do/a pai/nai/titor legal, unha vez cuberto o impreso correspondente en conserxería (descargar aquí). O alumno/a avisará ao profesor/a correspondente da hora de recollida, quen lle permitirá a saída de clase, e baixará á biblioteca con antelación suficiente para agardar a chegada dos seus país. Lémbrase que dentro das funcións dos conserxes non está a de subir a buscar aos alumnos ás aulas, xa que teñen outras tarefas quenon poden descoidar.

      ________________________________________

      Ausencias á clase. Xustificación de Faltas

      Os alumnos que falten a clase deberán presentar o xustificante dentro dos dous días seguintes á súa incorporación ás clases, amosándollelo ao profesorado co que faltou antes de entregarllo ao seu titor. O xustifacante da ausencia pode pedirse na Conserxería do centro (descargar aquí). A ausencia do alumnado a unha proba específica de avaliación deberá ser comunicada con antelación, se estaba prevista, e necesariamente xustificada con documentación.

      ___________________________________________________

      Horario de atención a nais/pais por parte do profesorado.

      Para solicitar unha entrevista con algún Profesor/a ou con o Titor/a compre dirixirse a el/ela mediante o correo electrónico ou mediante os vosos fillos/as. A solicitude dunha entrevista por vía telefónica é de difícil atención pola dificultade (e mesmo imposibilidade en moitas ocasións) de localizar ao profesor/a no momento da chamada. Nalgúns casos tamén pode realizarse a petición mediante a aplicación de Abalar móbil.

      O horario de atención ás familias por parte do profesorado pode consultarse seguindo esta ligazón.

      ___________________________________________________

      Horario do alumnado.

      O horario do alumnado pode consultarse seguindo esta ligazón.

      ______________________________________________________

      Programacións didácticas dos Departamentos

      As Programacións didácticas dos Departamentos do IES no  Curso 2017-2018, pódense consultar seguindo a ligazón.

      ______________________________________________________

      Calendario Escolar

      O Calendario Escolar correspondente ao Curso 2017/ 2018, pódese consultar seguindo a ligazón (as datas das avaliacións poden sufrir modificacións).

      • 3.- Programa para a Avaliación Internacional de Estudantes. PISA

        Na seguinte ligazón atópase información sobre o Programa PISA, así como algunhas preguntas liberadas que sirve de apoio á preparación das esquisas PISA, e un video sobre o mesmo asunto.