Saltar navegación.
Inicio

STEMbach, Contrato Programa

Memoria CP Inclúe 2022-23

Memoria CP Innova 2022-23

IES VAL MIÑOR NA CLASIFICACIÓN XERAL DE https://matematico.es

Parabéns ao noso alumnado de Matemáticas de 1ºA, 2ºA, 2ºB, 3ºA e 3ºB polo gran esforzo e os bos resultados que tiveron ao longo de todo o curso na competición organizada pola plataforma  https://matematico.es/

Finalmente, estes grupos quedaron entre os primeiros postos na Clasificación Xeral por Grupos dos participantes de toda España.

A puntuación de cada grupo calcúlase coa media aritmética dos puntos logrados polo alumnado de grupo.

Mención especial merecen os mozos que máis puntos lograron en cada grupo, algúns deles aparecen na Clasificación Xeral Individual:

FINALISTAS DO CONCURSO DE "FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA 2023" DO IES VAL MIÑOR

Presentámosvos a selección de fotos finalistas do concurso de “Fotografía Matemática 2023” do IES Val Miñor nas CATEGORÍAS de 1º-2ºESO e 3º-4ºESO-Bach. Estas 24 fotos seleccionadas optan a ser as gañadoras do Primeiro e Segundo premio en cada categoría, que recibirán un vale por material escolar de 20€ e 10€, respectivamente. O xurado do concurso fará público nos próximos días o seu veredicto. Sorte para todos/as.

PARTICIPACIÓN DO NOSO ALUMNADO NAS PROBAS ESTALMAT-GALICIA

O sábado 3 de xuño, os nosos alumnos Alba, Anxo, Hugo, Lara, Vera e Xoana de 1º de ESO, participaron na proba de selección de ESTALMAT-Galicia que se desenvolveu no IES Caslelao de Vigo.

Este proxecto organizado desde a Facultade de Matemáticas da USC ten como finalidade a detección e o EStímulo do TALento MATemático dos estudantes que cursan cada ano 6º de Primaria e 1º de ESO.

Queremos agradecer aos nosos valentes estudantes que aceptasen o reto de presentarse á proba. Independentemente do resultado que teñan, para nós xa son gañadores por gozar da experiencia e polo entusiasmo mostrado na materia de matemáticas.

Para máis información sobre este proxecto: ESTALMAT-Galicia (estalmatgalicia.com)

Distribuir contido