Orientación

TERAPIA OCUPACIONAL onde ciencia e arte se funden

Patricia Troncoso, ex-alumna do IES VAL MIÑOR e alumna de Terapia Ocupacional (4º) na Facultade de ciencias da saúde na universidade da Coruña deu unha interesante charla este venres día 8 de maio ao alumnado de 1º de bacharelato sobre que é a terapia ocupacional, que labor desenvolven, con quen traballan e cales son os seus obxectivos e campos de actuación.

O alumnado de 1º de bacharelato asiste a unha charla sobre formación de directivos hoteleiros e xestores en cociña

 O alumnado que estuda a materia de Economía en 1º de bacharelato recibiu información da antiga alumna do Centro Superior de Hostelería de Galicia Raquel Fondevila sobre a formación de directivos hoteleiros e xestores de cociña. O CSHG acada unha inserción laboral  do 90% dos alumnos e alumnas que rematan a formación e acadan o título.

Os alumnos e alumnas do CEIP Humberto Juanes e o CEIP da Cruz-Camos visitan o IES VAL MIÑOR.

 O xoves 16 de marzo, sesenta alumnos e alumnas de 6º de educación primaria dos citados centros tiveron a oportunidade de coñecer o que será o seu centro a partir de setembro.

Programa de Educación para Saúde- Obradoiro de Sexualidade para o alumnado de 4º da ESO.

O alumnado de 4º da ESO desenvolverá un programa de Educación para a Saúde (módulo de Sexualidade). O mércores día 11 de marzo realizarase esta actividade. Os relatores desta actividade serán voluntarios da Cruz Vermella Xuventude de Vigo.

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN AFECTIVO- SEXUAL PARA OS ALUMNOS/AS DE 2º E 3º DA ESO

Os alumnos e alumnas de 2º e 3º da ESO  realizan un programa de Educación Afectivo-Sexual impartido pola asociación Xaira e en colaboración co CIM de Nigrán. Os contidos concretos que se traballan son: a sexualidade, o concepto de amor, o bo trato no marco de relación entre eles e elas; a prevención de Grooming.

Charla sobre prevención da violencia de xénero para o alumnado de 2º da ESO.

O alumnado de 2º da ESO recibe en febreiro información sobre a prevención da violencia de xénero. Conceptos como sexting, grooming, bullying... son de novo tratados. Esta charla faise en colaboración co CIM de Nigrán e coa asociación "Pantallas amigas".

PLAN DIRECTOR DE CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE DA GARDA CIVIL- ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 1º-2º E 3º DA ESO

A Garda Civil do posto de Baiona-Nigrán dentro do Plan director de convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna realiza varias charlas aos alumnos e alumnas de 1º,2º e 3º de ESO sobre aspectos como o uso das novas tecnoloxías e perigos das drogas e alcol.

Charla sobre o uso das novas tecnoloxías. Destinatarios: familias- 20 de xaneiro ás 19:00 horas no Salón de Actos.

O próximo martes 20 de xaneiro ás 19:00 horas no Salón de Actos do Instituto, persoal da Garda Civil dará unha charla sobre o USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.

A charla está dirixida a todos os pais, nais e titores legais dos alumnos e alumnas do IES VAL MIÑOR.

Polo enorme interese da temática  pregamosvos a vosa asistencia.

CURSO DE TÉCNICAS DE TRABALLO INTELECTUAL para os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato

O alumnado de 1º de Bacharelato recibe un curso de técnicas de traballo intelectual. O curso está subvencionado polo asociación de nais e pais do instituto.

SAÍDA DIDÁCTICA á UNIVERSIDADE DE VIGO

O próximo día 24 de outubro o alumnado de 2º de bacharelato terá unha saída á universidade de Vigo. A saída será ás 8:30 horas e a hora de chegada ás 14:00 horas.

Powered by Drupal - Design by artinet