Saltar navegación.
Inicio

SUSPENSIÓN DAS CLASES A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO, ORGANIZACIÓN DO CENTRO

ANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES, EN TODOS OS NIVEIS EDUCATIVOS, A PARTIR DO PRÓXIMO LUNS 16 DE MARZO DURANTE 14 DÍAS.

ESTA  PÁXINA WEB E O SERVIZO MÓBIL "ABALAR MÓBIL"  SERÁN OS MEDIOS  UTILIZADOS PARA A COMUNICACIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA. Así mesmo facilitamos o correo da ANPA que é o seguinte: anpaiesvalminor@gmail.com.

NOVAS INSTRUCCIÓNS DA CONSELLERÍA http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

O ALUMNADO TERÁ AO SEU DISPOR NA AULA VIRTUAL OS PLANS DE TRABALLO A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO.   https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvalminor/aulavirtual/course/index.php?categoryid=111 Clicando neste enlace accederedes aos cursos que están baixo a categoría APOIO POLO CORONAVIRUS. En cada curso a comunidade educativa disporá dun foro de novidades e outro de dúbidas, no que o alumnado e as familias poderán preguntar o que precisen ao equipo educativo correspondente. 

RESPECTO ÁS AVALIACIÓNS:

Avaliación de 2º de Bacharelato

A segunda avaliación de 2º de Bacharelato seguirá o calendario previsto (18 de marzo será a sesión de avaliación) facendo as modificacións excepcionais necesarias nas materias que así o precisen. Os exames ou probas que non puideron ser realizados serán reprogramados á volta da suspensión. O boletín de notas será comunicado a través da plataforma espazo abalar.

O resto de cursos

Reprogramaranse as datas da 2ª avaliación, á volta da suspensión. 

RESPECTO AO PROCESO DE ADMISIÓN

Interrúmpese o prazo de presentación de solicitudes, para máis información cliquen no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30568

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes